Wednesday 08 de May de 2024

O Concello fai públicas as declaracións de bens dos concelleiros e concelleiras da corporación


O Goberno suma esta medida ás políticas de transparencia postas en marcha durante os últimos anos

O Concello da Coruña vén de publicar as declaracións de bens e intereses da totalidade dos concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal 2023-2027. O Goberno da cumprimento a normativa estatal e suma esta medidas as xa postas en marcha para aumentar a transparencia.

Entre ditas medidas destaca a aprobación da instrucción 2/2019 de reforma da actividade contractual, mellora dos procedementos e transparencia na contratación ou o cumplimento coa publicación publicación trimestral de tódolos contratos menores do Concello.

Ademais, o Concello da Coruña conta cunha plataforma de rexistro público de contratos do Concello, converténdose no primeiro Concello de Galicia en contar con dita ferramenta. Está dispoñible a través da web www.coruna.gal/transparencia.

O portal ‘Dyntra’ de observación social de transparencia e de ética pública sitúa A Coruña como a cidade máis transparente de Galicia, cumplindo con 100 dos 162 indicadores rexistrados.